26/02/13

mp3-wav

Para a realización deste truco precisamos ter instalado CDex, un programa de software libre do que xa falamos noutra ocasión neste blogue.
Abrimos CDex e escollemos Engadir unha cabeceira(s) RIFF-WAV a arquivos MP2 ou MP3, como se mostra na imaxe


Ábrese o explorador para localizar o noso arquivo .mp3


Seleccionámolo e dámoslle a Converter. Na mesma carpeta onde estaba o noso arquivo .mp3 encontraremos un arquivo idéntico en peso ao anterior, pero coa extensión .wav.

26/03/09

CDex

Imaxe da interface de CDex
Cdex é un programa de código aberto, traducido a galego, que nos permite extraer os audios dun Cd ao disco duro e codificalos en formatos comprimidos (mp3, ogg) máis adecuados para distribuílos en internet. A primeira imaxe mostra a interface do programa cando introducimos un Cd no lector do equipo. Clicando na imaxe verás o significado das iconas da barra lateral.

Configuración

CDex en galego:
Na páxina de descarga do programa encontrarás tamén o ficheiro de lingua (galician.cdex.lang) que deberás de gardar na carpeta lang que o programa crea ao instalalo. O camiño normalmente é C:\Arquivos de programa\CDex_150\lang. Reinicia CDex e marca galician en Opcións>seleccionar idioma>galician.


Xeral. As etiquetas ID3 gardan información de cada pista dentro de cada arquivo mp3. A versión 2 (IDv2) permite máis de 30 caracteres nos campos de nome de artista, pista e comentarios e outros campos extra.
A normalización úsase cando un Cd conten pistas con diferentes niveis de volume e queremos igualalos en todas as pistas do Cd. Esta opción só funciona cando temos desactivada a "codificación ao voo" na pestana Decodificador.


Decodificador. É conveniente que nos paremos un pouco nesta pestana. Aquí poderemos escoller o tipo de codificación que aplicaremos ás pistas de audio que se extraen do Cd e os seus parámetros de calidade. No campo Decodificador aparece por defecto o codec Lame MP3 Encoder que nos permitirá extraer as pistas do Cd a mp3. Tamén podemos xerar outro tipo de arquivos como Ogg Vorbis, por exemplo, só teremos que escoller o decodificador adecuado. Escollemos aquí a calidade do arquivo de saída. Unha Ratio de 128 kbps debería de ser suficiente para a música e 96 kbps para as nosas gravacións de voz.
Activando a opción "decodificación ao voo" as pistas de audio convértense directamente a formatos comprimidos sen pasar por unha copia previa en formato WAV.


FreeBD Remota. Activando "autoconectar a FreeBD remota", cada vez que introduzamos un Cd, o programa conectarase cunha base de datos que nos proporcionará os títulos das pistas, do álbum e o nome do artista. Para poder utilizar este servizo hai que incluír unha conta de correo no campo "o teu e-correo".

Con estes parámetros de configuración extraemos a primeira das pistas, primeiro como WAV e despois como mp3. O resultado é este



Narradio. 56 historias no ar. Na voz das autoras e dos autores.


Xavier Alcalá. Piñón de Ferrol
descarga o arquivo

 
Ir arriba